Noticias

Igape - Igape - Actualidade

Igape, Instituto Galego de Promoción Económica

20-2-2020 Un total de 19 proxectos empresariais centrados nas novas tecnoloxías, o benestar e a alimentación participan na nova edición do coworking da Mariña

Un total de 22 emprendedores desenvolverán, entre outras, iniciativas vinculadas ao márketing, o deseño gráfico e de mobles, o turismo rural ou o comercio local. Estes días están a dar comezo tamén as accións de formación e asesoramento do resto dos dez espazos apoiados pola Xunta en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI).

más información
20-2-2020 Comeza en Cabana de Bergantiños a quinta edición do coworking da Costa da Morte con 19 proxectos empresariais vinculados ás novas tecnoloxías, a agroalimentación e a saúde

Un total de 26 emprendedores desenvolverán, entre outras, iniciativas innovadoras de dixitalización da cadea de subministración, tapizados con materiais de última xeración ou servizos para o envellecemento activo. Estes días están a dar comezo tamén as accións de formación e asesoramento do resto dos dez espazos apoiados pola Xunta en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI).

más información
20-2-2020 Bota a andar a primeria edición do coworking de Palas de Rei, con 16 proxectos empresariais vinculados ao Camiño de Santiago, a artesanía ou o comercio en liña

Un total de 18 emprendedores desenvolverán, entre outras, iniciativas relacionadas coa atención aos peregrinos, a cosmética natural, as casas prefabricadas en madeira ou o envellecemento activo. Estes días están a dar comezo tamén as accións de formación e asesoramento do resto dos dez espazos apoiados pola Xunta en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI).

más información
17-2-2020 A Xunta inicia un ciclo de xornadas informativas sobre internacionalización para impulsar o desenvolvemento exterior das pemes

O primeiro acto, organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, tivo lugar esta mañá en Vigo. A iniciativa inclúe 14 encontros en sete localidades galegas nas que participarán empresas convocadas por asociacións, clústeres e Cámaras de Comercio. O prazo de presentación de solicitudes das axudas do Galicia Exporta Dixital finaliza o 24 de marzo, mentres que os do Galicia Exporta Empresas e a liña coordinada por organismos intermedios rematan o 30 dese mes.

más información
17-2-2020 Un total de 39 proxectos empresariais reciben formación e asesoramento na nova edición dos coworkings de Celanova-A Limia e O Ribeiro

Comeza a quinta convocatoria da aceleradora celanovesa promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Escola de Organización Industrial (EOI), na que 20 participantes desenvolverán as súas iniciativas. O novo espazo posto en marcha en Cenlle inicia tamén mañá as actividades para achegar formación e asesoramento especializados a 21 emprendedores.

más información
17-2-2020 Comeza en Vilanova de Arousa a cuarta edición do coworking do Salnés con 16 proxectos empresariais vinculados á industria, á alimentación e ao turismo

Un total de 19 emprendedores desenvolverán, entre outras, iniciativas de comercialización de aceite, produción vitivinícola e servizos medioambientais para o sector alimentario. Nos próximos días tamén darán comezo as accións de formación e asesoramento no resto dos dez espazos apoiados pola Xunta en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI).

más información
17-2-2020 Pemes e emprendedores galegos da automoción, as TIC e a alimentación buscan novas oportunidades de negocio en Israel

Unha delegación de dez compañías participou na OurCrowd Global Investor Summit en Xerusalén, evento onde se dan cita investidores e startups de todo o mundo. Entre xaneiro e novembro do ano pasado, 156 empresas galegas venderon os seus produtos a Israel, superando o total do volume das exportacións os 88,5 M?.

más información
17-2-2020 A Xunta salienta na entrega dos Premios Emprendedor XXI o esforzo dos novos empresarios no impulso da industria intelixente e a competitividade

O director do Igape, Juan Cividanes, participa no acto organizado no marco do DayOne Innovation Summit, impulsado por CaixaBank e Enisa coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Anima a que Administracións e axentes socioeconómicos sigan a colaborar para fomentar a vocación empresarial e os proxectos innovadores que consolidan o tecido produtivo galego.

más información
14-2-2020 Un total de 50 mozos e mozas poderán especializarse en comercio exterior e contribuír á internacionalización das pemes galegas

A Xunta destina 2,5 M? á convocatoria do programa de bolseiros do Igape, dirixido a titulados universitarios ou en FP que poderán formarse en diferentes destinos mundiais e mellorar a súa empregabilidade, ao tempo que se potencia a competitividade do tecido produtivo. Esta iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria beneficiou desde a súa posta en marcha a 329 profesionais, que colaboraron na promoción exterior das empresas galegas desde mercados como Filipinas, Canadá, Estados Unidos, China, Australia, Corea do Sur ou Emiratos Árabes.

más información
13-2-2020 Un total de 21 novos proxectos empresariais reciben formación e asesoramento na nova edición do espazo coworking de Ferrol

A quinta convocatoria do coworking promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Escola de Organización Industrial (EOI) comeza a súa actividade no CIS Galicia. Os participantes desenvolverán, entre outros, proxectos de enerxías renovables, deseño e comunicación, moda sostible e servizos de formación e asesoramento.

más información