Novas

Novas Feeds RSS

14-11-2019 Auditoría de seguridade de dispositivos IoT e IIoT

Ferramentas como Shodan permiten que persoas usuarias e administradoras de infraestructura IoT/IIoT obteñan que información sobre os dispositivos IoT/IIoT propios hai en Internet.. Durante este taller farase unha aproximación ao uso básico desta ferramenta.

Galego

máis información
14-11-2019 A Amtega abre hoxe o prazo para que as empresas do sector tecnolóxico se adhiran ao programa de bolsas DigiTalent

? O obxectivo desta iniciativa é facilitar a incorporación de perfís non tecnolóxicos ao sector TIC
? Ata o 20 de novembro as entidades interesadas poden presentar as súas solicitudes así como as áreas de coñecemento que encaixan máis coas súas necesidades
? No mes de xaneiro, tras a selección das empresas, abrirase a convocatoria aos estudantes que queiran acceder ás 50 bolsas do Programa
? Están destinadas a estudantes de últimos cursos de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura

Galego

máis información
12-11-2019 A Xunta e o Concello de Santiago abren a consulta a operadores para despregar fibra no casco histórico

? Desde mañá e ata o 22 de novembro poden trasladar o seu interese en participar na consulta
? Tras este primeiro paso, iniciarase unha rolda de xuntanzas cos operadores interesados ata o 16 de decembro
? A resolución contempla un prazo de dous meses hábiles desde a súa publicación para a presentación dos plans de despregamento
? Os proxectos deberán basearse, fundamentalmente, no ?Catálogo de solucións? elaborado pola Administración autonómica coa colaboración do Concello compostelán
? O documento ofrece alternativas como o trazado por cornixa, o soterramento ou o despregamento da fibra óptica a través das redes de saneamento

Galego

máis información
12-11-2019 A Xunta e o Concello de Santiago abren a consulta a operadores para despregar fibra no casco histórico

? Desde mañá e ata o 22 de novembro poden trasladar o seu interese en participar na consulta
? Tras este primeiro paso, iniciarase unha rolda de xuntanzas cos operadores interesados ata o 16 de decembro
? A resolución contempla un prazo de dous meses hábiles desde a súa publicación para a presentación dos plans de despregamento
? Os proxectos deberán basearse, fundamentalmente, no ?Catálogo de solucións? elaborado pola Administración autonómica coa colaboración do Concello compostelán
? O documento ofrece alternativas como o trazado por cornixa, o soterramento ou o despregamento da fibra óptica a través das redes de saneamento

Galego

máis información
8-11-2019 O CDTIC da Amtega organiza en novembro unha nova edición do programa #MesD centrado no manexo de ferramentas multimedia

? Entre o 12 e o 28 deste mes o Centro Demostrador acollerá tres sesións formativas dedicadas Adobe Premiere Pro, Gimp e Inkscape
? Estas actividades enmárcanse na cuarta edición do programa #MesD, unha iniciativa que concentra durante un mes diferentes xornadas formativas sobre un tema concreto
? A asistencia é de balde, previa inscrición na páxina web ou na aplicación do Centro Demostrador TIC

Galego

máis información
6-11-2019 A Xunta aposta por adaptar a industria aos retos dixitais para que as empresas gañen tamaño e avancen en internacionalización

Galego

? O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou en Santiago na apertura do Innovation & Manufacturing Brokerage Event, que reúne hoxe e mañá a expertos en innovación e fabricación avanzada de sete países
? O encontro celébrase no marco da RIS3 Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal, unha estratexia intelixente única en Europa e que pon o foco na Industria 4.0 e na mobilidade
? Salienta o traballo que se está realizando dentro do próximo programa marco Horizonte Europa, centrado en fortalecer as bases científicas e tecnolóxicas da UE
? Lembra que a Consellería destinará o próximo ano preto de 210 millóns de euros a lograr unha Galicia máis innovadora, potenciando os sectores nos que a Comunidade xa é líder e explorando novas posibilidades de desenvolvemento

máis información
31-10-2019 A Amtega conta cun orzamento de máis de 115 millóns de euros no 2020 para consolidar unha Galicia máis dixital

Galego

? Completará a extensión de redes de 100Mbps en máis de 600 núcleos do rural cun investimento de preto de 4 millóns de euros e lanzará unha nova actuación para mellorar a cobertura de voz e datos nas zonas máis illadas
? Estenderá a educación integramente dixital a 50 novos centros, o que permitirá superar os 30.000 alumnos con libro dixital
? Destina máis de 14 millóns de euros para avanzar na dixitalización da Administración e da Xustiza
? Ampliará a extensión da Historia Social Única Electrónica coa posta marcha da plataforma ?Asiste? que proporcionará servizos en mobilidade para os cidadáns e os seus familiares e coidadores
? Iniciará a ampliación de CPDI para duplicar a súa capacidade e satisfacer as crecentes demandas derivadas dos avances na dixitalización
? Aprobarase a Estratexia Dixital de Galicia 2030 que terá entre os seus instrumentos estratéxicos unha Rede de Nodos de especialización tecnolóxica coordinada dende o GaiásTech

máis información
26-10-2019 A Xunta avanza no novo modelo de xestión dos sistemas de impresión e dixitalización, que xa reduciu nun 40% o número de dispositivos

? A Amtega inicia a licitación dun un novo acordo marco para consolidar a extensión do servizo integral de impresión e dixitalización, adaptado ás necesidades da Administración electrónica
? Integra nunha mesma contratación o mantemento e dotación de equipos e a subministración de consumibles mediante o sistema de pago por copia
? Reduce os custes de impresión, o número de dispositivos instalados e de páxinas impresas
? Complementa as iniciativas que a Xunta vén desenvolvendo para acadar unha xestión dixital de todo ciclo de vida dos documentos e dos procedementos administrativos

Galego

máis información
25-10-2019 A Amtega pon en marcha a terceira edición do programa ?Tecnólogo por un día? con máis de 70 prazas para estudantes de 12 a 17 anos

? Os participantes compartirán unha xornada de traballo con profesionais dalgunha das 12 empresas tecnolóxicas que colaboran na iniciativa
? O prazo de inscrición estará aberto ata o 8 de novembro para que os docentes dos centros educativos poidan inscribir aos seus alumnos e alumnas
? Os máis de 100 rapaces e rapazas que participaron nas edicións anteriores valoran moi positivamente a iniciativa e recoméndana aos seus compañeiros
? Para un de cada tres participantes esta iniciativa supuxo a primeira aproximación ás profesións dixitais

Galego

máis información
23-10-2019 Mar Pereira sinala a importancia do acompañamento xurídico na implantación da intelixencia artificial e doutras tecnoloxías disruptivas

Galego

? A directora da Amtega inaugurou hoxe a IX Xornada de Informática Xudicial e Delitos informáticos que este ano afonda nesta tendencia tecnolóxica
? A responsable autonómica destacou que a Estratexia dixital 2030 busca posicionar a Galicia nas novas tendencias tecnolóxicas con maior potencial cara a vindeira década

máis información
22-10-2019 A Amtega e a AETG organizan a conferencia ?Xemelgos Dixitais e o reto dos Buques Intelixentes?

? Será impartida o 28 de outubro na Cidade da Cultura polos enxeñeiros e Directores de Navantia, Donato Martínez Pérez de Rojas, Juan Ignacio Silvera Vez e Carlos Blanco Seijo
? O evento está dirixido tanto ao sector tecnolóxicos como ao resto de sectores e, por suposto, á cidadanía en xeral e ás administracións públicas

Galego

máis información
22-10-2019 #MesD Multimedia: Iniciación ao deseño con Inkscape

Neste curso, para a elaboración de deseños vectoriais, traballarase coa aplicación Inkscape. Esta ferramenta é un editor de gráficos vectoriais potente, cómodo e de código libre e aberto, especialmente compatible cos estándares que se usan en Internet.

Galego

máis información
22-10-2019 #MesD Multimedia: Iniciación ao retoque fotográfico con GIMP

Neste curso, búscase dotar as persoas participantes dos coñecementos e as habilidades necesarios para crear contidos e imaxes de calidade, a través de ferramentas dixitais de software libre de retoque e deseño fotográfico..

Galego

máis información
22-10-2019 #MesD Multimedia: Edición de vídeo con Adobe Premiere Pro 2019

Neste curso imos ver os conceptos básicos da realización e edición de vídeos. Isto axudaranos a ter unha linguaxe audiovisual máis avanzado e a coñecer as ferramentas básicas da posproducción. Estes coñecementos farán que teñades unha mellor comunicación á hora de realizar calquera produción audiovisual con provedores, compañeiros de traballo ou reunións sobre mercadotecnia ou comunicación. Ademais obteredes as habilidades básicas necesarias para realizar un vídeo sinxelo.

Galego

máis información
22-10-2019 Zabbix + Grafana, Ferramentas clave para a supervisión de infraestrutura IT e sistemas na empresa

A análise predictiva de erros grazas a unha ferramenta como Zabbix, axuda á mellora de dispoñibilidade de sistemas do seu negocio e aforra tempo na resolución de incidencias. Grazas a unha visualización moi sinxela e simplificada, podemos encontrar a orixe do problema e corrixilo antes de que ocorra. Ademais, permítelle dimensionar a infraestrutura de empresa en base a datos, o que afecta directamente na conta de resultados.

Galego

máis información
21-10-2019 O CPEIG e a Amtega pechan o programa TechKids cunha xornada de obradoiros de programación, pilotaxe de drons e realidade virtual

? Un centenar de rapaces participará este domingo na Cidade da Cultura na sesión de peche dos talleres xuvenís de verán ?TechKids?, programa destinado a potenciar o talento dixital na mocidade galega

Galego

máis información
19-10-2019 Máis de noventa axentes do sector agrogandeiro galego participan este martes nunha nova xornada sobre o proxecto Primare

? A Xunta organiza un novo encontro para dar a coñecer o proxecto de inspeccións intelixentes avanzadas para a automatización dos controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC)
? Responsables de explotacións agrarias coñecerán tamén outras futuras aplicacións que lles ofrecerá a plataforma Primare
? A xornada inclúe unha demostracións con drons para a captura de información

Galego

máis información
17-10-2019 As empresas galegas superan á media estatal no uso da administración electrónica

? O 93,5% das empresas de 10 ou máis traballadores e o 74,1% das microempresas xestiona online coas administracións
? Galicia ocupa a primeira posición do Estado no indicador de empresas de 10 ou máis traballadores con conexións contratadas de máis de 100 Mbps
? As empresas galegas de máis de dez traballadores lideran o ranking nacional no uso de Cloud Computing e Big Data
? A aposta polas conexións móbiles á Rede entre as empresas galegas continua o crecemento sostido dos últimos anos, converténdose na tecnoloxía principal de acceso para as microempresas

Galego

máis información
17-10-2019 A Xunta avanza a creación dun nodo de ciberseguridade galego

? A directora da Amtega inaugurou hoxe a última xornada do Foro Cybersec@gal, centrada na seguridade dixital na empresa
? Sinalou que Galicia quere reforzar as súas capacidades nas tecnoloxías disruptivas que marcarán a vindeira década
? Lembrou que o vindeiro ano porase en marcha o centro GaiásTech facilitar o seu posicionamento do ecosistema dixital galego nesas novas tendencias tecnolóxicas
? Avogou pola cooperación entre institucións, empresas e sociedade para facer fronte ao reto de vivir nunha contorna segura
? Lembrou a aposta do Goberno galego neste ámbito, tanto a nivel interno, como cara o exterior con iniciativas de asesoramento para empresas e concienciación para a cidadanía

Galego

máis información
16-10-2019 Preto do 89% dos fogares galegos ten contratado internet, un 7,5% máis que hai un ano

? É o maior crecemento rexistrado desde 2016 e reduce a diferencia coa media estatal a 2,6 puntos
? O maior incremento prodúcese nos núcleos de menos de 10.000 habitantes, nos que, por primeira vez, supérase a porcentaxe do 80% de fogares conectados
? En canto ao uso da rede, medra 15 puntos na franxa de idade entre os 55 e os 64
? Nas vilas de entre 20.000 e 100.000 habitantes a media galega supera á estatal na contratación a Internet e de banda larga
? A principal tecnoloxía de acceso a Internet nos fogares galegos é unha conexión móbil de banda larga través dun dispositivo de man, coa que conta o 83,1% dos fogares

Galego

máis información