Novas

RSS do Portal da Xunta de Galicia

Novas da Xunta

21-7-2019 A Xunta condena o asasinato dunha muller no concello de Vilalba

O Goberno galego recorda que as vítimas da violencia de xénero teñen á súa disposición o teléfono 016, gratuíto e confidencial

máis información
21-7-2019 Nava Castro salienta o potencial da Ría de Arousa para atraer viaxeiros da man da tradición xacobea e o turismo náutico

A directora de Turismo de Galicia participou hoxe en Cambados nos actos do XXXV Remonte anual marítimo fluvial conmemorativo da Traslatio Apostólica

máis información
21-7-2019 Sanidade comeza a administrar a partir do 22 de xullo ás nenas galegas de 12 anos a nova vacina contra o virus do papiloma humano, que aumenta a protección

Substitúe a actual bivalente do VPH no calendario de vacinación e aporta un 10% máis de prevención de casos de cancro

Amplíase a franxa de idade na indicación da vacina nos grupos de risco

máis información
21-7-2019 A Xunta promove máis de 190 accións de promoción exterior nas que participarán preto de 500 pemes galegas

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución da convocatoria de 2019 do programa Galicia Exporta Organismos Intermedios, que impulsa os plans de internacionalización xestionados por 35 agrupacións empresariais

Prevese a participación de 479 empresas nas actividades realizadas en 36 países, cun aumento do apoio en destinos non europeos do 8%

O importe total das axudas é de 1,88 millóns de euros, incrementándose nun 25% con respecto á anterior edición, mentres que o número de actuacións sobe un 42%

A alimentación, o naval, o audiovisual, as TIC, a automoción e o téxtil son algúns dos sectores apoiados por estas actuacións, que inclúen misións comerciais ou a cooperación para a implantación e prospección de mercados

Este programa compleméntase co Galicia Exporta Empresas, enmarcado tamén na Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020, que impulsa as exportacións como motor de emprego e crecemento empresarial
 

máis información
21-7-2019 O luns 29 acaba o prazo para acceder ao réxime extraordinario da carreira profesional, que xa pediron 10.653 empregados públicos

O 86% dos laborais fixos da Xunta solicitaron transformarse en funcionarios de carreira para acceder ao novo sistema de recoñecemento profesional

máis información
21-7-2019 A Consellería de Educación abre a convocatoria para incorporar os Espazos Maker a outros 10 centros educativos públicos

A decena de centros que xa contan con este recurso poderán continuar a súa permanencia no programa

máis información
20-7-2019 A Xunta de Galicia recoñece a traxectoria de José Luis Torrado, unha figura ?que se compón de maxia e olimpismo a partes iguais?

O secretario xeral para o Deporte entrégalle unha placa recordo e asegura que a súa vida “subscribe punto por punto a definición de olimpismo; unha filosofía de vida que levou como bandeira nos cinco Xogos Olímpicos aos que acudiu: México 68, Múnic 72, Montreal 76, Seúl 88 e Atlanta 96”

máis información
20-7-2019 Lete Lasa solicita a cooperación entre todas as administracións para acadar un deporte ?plural, diverso, para todos e para todas? na entrega de trofeos da I Regata solidaria inclusiva ?Vigo a vela?

Lembra que a Xunta traballa “día a día para mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional” e recorda que neste 2019, a Federación Galega de Deporte Adaptado recibe un total de 78.882,74 euros, o que representa un 26% máis que o destinado en 2018

máis información
20-7-2019 Miranda pide na novena xuntanza da emigración de Vilanova aos galegos do exterior e aos retornados que non esquezan nunca que Galicia os agarda sempre cos brazos abertos

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, o secretario xeral da Emigración e o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa Montenegro, presidiron o acto

A cita anual, organizada polo Concello e a Coordinadora Federal de Asociacións Galegas en Alemaña, congregou no pavillón multiusos máis dun milleiro de persoas

máis información
20-7-2019 Carmen Pomar clausura a conferencia anual da Asociación Europea de Psicoloxía e Dereito

Este congreso está consolidado como referente mundial para o debate e posta en común de coñecementos e investigacións sobre a psicoloxía xurídica

máis información
20-7-2019 Román Rodríguez destaca a figura e obra de Antón Tovar na homenaxe ao autor na XI Festa da Palabra

O conselleiro de Cultura e Turismo participou na Insua dos Poetas nesta celebración, xa consolidada na axenda cultural do verán en Galicia

máis información
20-7-2019 A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Vilar ao seu paso polo Concello de Vimianzo

Estes traballos de mantemento están a levarse a cabo no treito interurbano do río no lugar de Cheis, na parroquia de Bamiro (San Mamede)

As obras consisten na retirada de árbores e pólas caídas nas marxes do río, así como da madeira morta existente

As actuacións enmárcanse no mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa que desenvolve Augas de Galicia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos

máis información
20-7-2019 A Xunta remata as obras de renovación da drenaxe na estrada AC-424, ao seu paso pola parroquia de Corme Aldea, en Ponteceso

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina un investimento de case 33.000 euros a esta actuación de mellora na vía autonómica

Coa execución desta intervención se persegue evitar os episodios de asolagamento que se teñen rexistrado nesta zona

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade traballa na conservación da rede de estradas autonómicas para incrementar a seguridade viaria e a comodidade na circulación dos seus usuarios

máis información