Novas

Igape - Igape - Actualidade

Igape, Instituto Galego de Promoción Económica

18-1-2019 A Xunta salienta os investimentos no eido da Industria 4.0 como clave para impulsar a competitividade das pemes galegas

Representantes do Igape destacaron os programas de desenvolvemento da Axenda Industria 4.0, que teñen como obxectivo activar a modernización do tecido empresarial galego. Participaron en Santiago na xornada Financia Industria, na que, en coordinación co Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, presentaron os plans de impulso das políticas industriais e os apoios ás empresas na súa transformación dixital. A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de abrir as primeiras convocatorias de 2019 dos programas de formación e axudas á dixitalización, dotadas con 5 millóns de euros, así como a nova edición do ReAcciona TIC.

máis información
18-1-2019 A Xunta impulsará a competitividade de 140 pemes a través dunha nova convocatoria do programa Galicia Inviste

A dotación da convocatoria é de 9 millóns de euros e prevé mobilizar preto de 40 millóns. Feijóo destaca que nesta edición poderán beneficiarse proxectos de carácter innovador, acreditados pola Gain, de calquera sector, excepto os excluídos pola regulamentación comunitaria. 

máis información
15-1-2019 A Xunta activa con 725.000? en 2019 o Reacciona TIC para facilitar a mellora da competitividade no eido da Industria 4.0

As pemes que queiran optimizar a súa modernización e innovación tecnolóxica poderán acollerse á nova convocatoria, que se acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia. Ata o 14 de febreiro está aberto o primeiro prazo para as compañías interesadas. A Xunta, mediante os programas ReAcciona e ReAcciona TIC, concedeu durante o o ano pasado axudas por 1,9 millóns de euros para impulsar máis de 500 plans de mellora en empresas galegas.

máis información
15-1-2019 A Xunta destina 8M? aos programas Galicia Exporta para contribuír á internacionalización das empresas galegas

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, reforza, a través do Igape, as novas convocatorias para ofrecer apoio directo ao tecido empresarial galego para a súa expansión internacional. Os apoios dos dous programas, Galicia Exporta Empresas e Organismos Intermedios, increméntanse un 23%, en 1,5 millóns de euros, para crecer en mercados xa consolidados, como Latinoamérica e Europa, e para impulsar as vendas galegas en Asia. As iniciativas desenvolven proxectos individuais e colectivos que reafirman a presenza e favorecen a introdución das pemes nos mercados exteriores. En 2017, as exportacións galegas marcaron un novo récord histórico ao superar por primeira vez os 21.000 millóns de euros e, nos primeiros dez meses do ano pasado, creceron un 8,6% con respecto ao mesmo período do exercicio anterior.

máis información
9-1-2019 A Xunta apoia ao sector da automoción galega coa participación en EEUU na maior feira da electrónica a nivel mundial

O director do Igape, Juan Cividanes, está a acompañar a Business Factory Auto (BFA) no encontro internacional Consumer Technology Association (CES) que se celebra ata o vindeiro venres, 11 de xaneiro, nas Vegas. É o evento anual no que se presentan as innovacións tecnolóxicas de próxima xeración e Galicia está presente con seis startups que forman parte da aceleradora. A feira é punto de encontro para máis de 4400 empresas da industria electrónica e 180.000 profesionais de ao redor de 155 países do mundo. A BFA, que celebra xa a súa terceira edición, acadou nas dúas convocatorias anteriores a creación de 22 novas empresas que levan xerado 150 postos de traballo e que facturan máis de 10 millóns de euros.

máis información
2-1-2019 A Xunta apoia nos dous últimos anos 118 proxectos no medio rural vinculados a sectores como a automoción, o téxtil ou o aeronáutico

A principios de xaneiro publicarase a convocatoria da nova edición do Galicia Rural Emprende, coa que a Consellería de Economía, Emprego e Industria pretende apoiar 70 iniciativas que facilitarán a creación de 200 empregos e unha mobilización de 8 millóns de euros. Este programa complementa o Galicia Emprende que, desde o ano 2010, facilitou a aprobación de 432 proxectos emprendedores. 

máis información
28-12-2018 As vendas galegas ao exterior da industria forestal crecen un 8% nos dez primeiros meses do ano

O director do Igape, Juan Cividanes, e o director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, presentaron hoxe en Santiago os resultados das exportacións galegas de xaneiro a outubro en todos os sectores de actividade, que medraron máis do dobre que a nivel estatal e xa superan os 19.300M?. Lema resaltou o bo ritmo das vendas ao exterior no sector forestal e da madeira, que se incrementaron nun 12,5% no mes de outubro. A industria forestal acadou nos dez primeiros meses de 2018 un volume de vendas de 771,7M?, que a falta de coñecer os datos dos dous últimos meses do ano é un valor moi próximo aos 800M? que exportou en todo o 2017. Desde xaneiro ata outubro de 2018, un total de 6.482 compañías galegas venderon os seus produtos no exterior, o que supón un incremento do 8% con respecto ao mesmo período de 2017. Cividanes subliñou o compromiso da Xunta con programas como o Galicia Exporta e o Foexga que impulsarán con 11,6 millóns de euros a internacionalización das empresas galegas nos próximos dous anos.

máis información
20-12-2018 A Xunta reitera o seu compromiso coa chegada das empresas galegas a novos mercados no actual contexto internacional

O director do Igape, Juan Cividanes, sinalou hoxe na segunda edición do Galicia Global que o tecido empresarial galego debe afrontar o novo escenario como unha oportunidade. Subliña que a alta calidade dos servizos e produtos galegos é clave para manter o bo ritmo exportador con Reino Unido. A Administración autonómica destina 11,6 millóns de euros a través dos programas Galicia Exporta e Foexga para avanzar na proxección internacional do tecido empresarial galego.

máis información
17-12-2018 A Xunta impulsa con 3,6 millóns de euros as exportacións de 600 pemes e autónomos a través do Plan Foexga

A iniciativa, desenvolvida en colaboración coas Cámaras de comercio galegas, apoiará misións comercias directas así como a participación en feiras internacionais e en eventos promocionais. Poden beneficiarse destas axudas as pemes galegas e os autónomos que buscan comezar ou reforzar a súa internacionalización. Durante 2019 e 2020 as empresas beneficiarias poderán acollerse a unhas 160 accións en máis de 50 países. Este plan complementa os servizos de apoio que se achegan a través do Igape, como o programa Galicia Exporta, e que forman parte das accións impulsadas no marco da Estratexia de internacionalización da empresa galega.

máis información
14-12-2018 A Xunta impulsa o emprendemento a través de programas que apoian a formación, o asesoramento e o financiamento de novos proxectos empresariais

O director do Igape, Juan Cividanes, participou esta tarde na entrega dos Premios Xove Empresario e Xove Emprendedor organizados por AJE Vigo. A Xunta fomenta o emprendemento innovador mediante programas como o Galicia Emprende e a plataforma StartIN na que se enmarcan os espazos coworking e a rede de aceleradoras.

máis información