Asociados

ENXENIO, S.L.

ENXENIO, S.L.

Enxeñería de software

Carretera Baños Vellos de Arteixo, Edf. San Cristovo, Portal B, 2º Esq CP: 15008 - A Coruña

Ver mapa

Enxenio é unha empresa que se apoia na investigación avanzada e na innovación tecnolóxica para ofrecer Servizos e Solucións TI de alto valor engadido a organizacións tanto públicas como privadas.

A súa capacidade de innovación e adaptación permitiulles afrontar con éxito unha gran diversidade de proxectos, de diferente alcance e complexidade, o que lles confire actualmente unha imaxe de gran capacidade e solvencia entre os seus clientes.

Principais áreas de coñecemento e experiencia:

  • Bases de datos avanzadas: Deseño e implementación de BDD complexas, BDD distribuídas, solucións para aumentar a eficiencia,…
  • Solucións de mobilidade: Soluciones Mobile Workforce Management (asignación de partes e optimización de rutas), Apps de xestión,…
  • Sistemas GIS: Solucións para a xestión e explotación de información xeoreferenciada (xestión de activos, planeamento urbanístico,…).
  • Business intelligence: Solucións de análise predictivo con técnicas de intelixencia artificial (machine learning)
  • Procesos de negocio: Modelado e análise dos procesos de negocio, simulación, motores BPM.
  • Proxectos de transformación dixital: Proxectos de transformación de modelos de negocio aproveitando as novas tecnolóxicas.