Asociados

INPROSEC

Xestión da Seguridade da Información

r/ Uruguai, 8 - 4º. Ofic.1-5 CP: 36201 - Vigo

Ver mapa

Empresa especialista en Xestión da Seguridade da Información, ofrecendo un servizo personalizado ás necesidades de cada cliente. O seu obxectivo é axudar e converter ás empresas en organizacións máis seguras, mantendo a excelencia no servizo grazas ao traballo dun equipo cercano e profesional.

O traballo en equipo dun grupo unido e consolidado, a mellora e a formación continua, a aposta pola transparencia e a ética profesional foron o eixo fundamental do desenvolvemento da súa compañía.

Os seus consultores e xestores de proxectos están certificados en fundamentos de Prince2 e ITIL, que son a base da súa metodoloxía de traballo. Ademais, trátase dun equipo plurilingüe, o que lles permite ofrecer e dar servizo en varios idiomas.

Mediante a selección e formación dun equipo de consultores altamente cualificados e comprometidos, Inprosec ofrece un servizo de calidade de solucións de seguridade, traballando da man con grandes compañías tanto nacionais e internacionais.

Principais servizos

  • Servizos de Seguridade SAP: Servizos orientados á xestión de riscos nos sistemas SAP orixinados normalmente pola falta das políticas e procedementos adecuados
  • Servizos de SAP GRC: A través da ferramenta SAP GRC (Governance, Risk, and Compliance) integran a xestión de riscos na estratexia, planificación e operación das organizacións
  • Servizos de Xestión da Seguridade da información: Servizos de auditoría orientados a mellorar a seguridade dos sistemas de información nas empresas