Asociados

SM TECNOLOGIA, S.L.U.

Consultoría e desenvolvemento de software

Polígono Os Airíos, Sector 2, Nave 4 / Polígono Pocomaco, Parcela E-21, Módulo 2 - A Coruña CP: 15320 - As Pontes

Ver mapa

SM Tecnología nace no ano 2012 coa vocación de ofrecer Produtos e Solucións IT innovadoras, orientadas a satisfacer as demandas máis exixentes dos seus clientes, adaptándose a necesidades concretas e singulares, e tendo en conta escenarios de gran competitividade.

Queren ser o socio adecuado no proceso de transformación dixital dos seus clientes, entendendo o seu negocio e estrutura organizativa, escoitando as súas necesidades, pensando como eles, propoñendo solucións, desenvolvendo, integrando e explotando sistemas que cubren as súas necesidades operativas, de inversión e de retorno.

E queren seguir crecendo da man dos seus clientes, polo que manteñen e evolucionan as súas aplicacións e sistemas, dan formación, e atenden aos seus usuarios.

SM Tecnología traballa en diferentes Sectores de Negocio: Sanitario, Pesca, Naval, Educación, etc.

Principais produtos e servizos:

  • Consultoría en procesos de negocio / IT
  • Xestión de contido dixital
  • Software a medida
  • Movilidade
  • Plataforma de corrección SMTEST: Plataforma integral e configurable para a xestión de matrícula, control de asistencia, xeneración de exames, correción automatizada de test e revisión online de todo tipo de exames.
  • TREBOLET: ferramenta para xestionar de forma dinámica información e procesos, tanto internos das compañías como de negocio. Permite crear canles, e configurar formularios de forma dinámica con campos de diferente natureza, con dependencia ou independencia entre eles, e a partir de aí, poder xerar informes e explotar os datos de forma individual ou relacionada.