Asociados

XOIA SOFTWARE DEVELOPMENT, S.L.

Realidad Aumentada, Realidad Virtual y Realidad Mixta

Rúa Real, 20 - 1º CP: 15003 - A Coruña

Ver mapa

Xoia traballa cada día para ser a empresa líder no sector da realidade aumentada e virtual, sendo capaz de aplicar a ultimísima tecnoloxía a nivel de hardware e software no desenvolvemento de infinidade de produtos para todos os sectores, con gran valor engadido, dende aplicacións para musealizar xacementos arqueolóxicos ou museos, pasando polo uso da AR en marketing e packaging ou terminando polo adestramento de operarios e soporte en produción e mantemento industrial.

Grazas ao expertise do seu equipo no campo da Realidade Aumentada, Virtual e Mixta, usando software de vangarda como ARkit, ARCore ou Vuforia, e o último hardware como HTC Vive, Hololens, ou os máis avanzados smartphones, Pixel ou iPhone X, son capaces de aplicar a innovación tecnolóxica en campos como cultura e patrimonio, educación e ciencia, turismo e ocio, ou Industria, desenvolvendo aplicacións que, practicamente sen infraestrutura nin custes fixos, permiten dende adestrar a operarios en procedementos industriais custosos, a ampliar de maneira infinita e en 3D a información de calquera libro, revista ou manual, pasando por aumentar a experiencia de visita a un museo ou xacemento observando en lugar de imaxinando, o que nel se encontra, facéndoa moito máis inmersiva e interactiva, así como infinitude de outras aplicacións que tanto a AR, VR ou MR ten, en prácticamente calquera campo.

Principais produtos:

  • AR MUSEUM: Aplican a Realidade aumentada para converter as visitas aos museos nunha experiencia única, visual, lúdica e didáctica que cambia o concepto actual das visitas aos museos.
  • TIMETRIP: En lugar de imaxinar o que un guía che explica nunha visita a un xacemento, poderás velo. Este software permite reconstruir o pasado sobre o que estás vendo en tempo real.
  • AR MAGAZINE: Leva as RA ás facetas educativa, cultural e turística das nosas vidas. Coa realidade aumentada xa non temos que imaxinalo. Podemos velo!
  • AR TECHNICAL PROCESSES: Revoluciona tanto a formación de operarios, técnicos ou sanitarios como a forma de refrescar coñecementos e o apoio a procesos a través do uso da Realidade Aumentada.
  • VR TECHNICAL TRAINING: ¡Imaxina o adestramento de operarios, técnicos ou sanitarios como a actualización destes sen infraestrutura, formadores nin máis ferramentas que unhas gafas de realidade virtual e un ordenador!.
  • AR/VR Visor: Cun custe reducido e unha tarifa mensual, creamos o teu propio visor VR/AR para todo tipo de contido que queiras mostrar. Dende modelos AR en fotogrametría a visitas VR a modelos arquitectónicos BIM. O que imagines!.