Asociados

STRELIA ELECTROTECNIA, S. COOP. GALEGA

Desenvolvemento de electrónica profesional e telecomunicacións

Rúa de Melide, 11-3B CP: 15705 - Santiago de Compostela

Ver mapa

Strelia Electrotecnia desenvolve solucións de electrónica profesional en campos como as telecomunicacións, a oceanografía, as ciencias da terra, o control industrial e a eficiencia enerxética.

Fan os proxectos de I+D para os produtos encomendados, integran a tecnoloxía axeitada e prestan os servizos de enxeñaría electrónica e de telecomunicacións para a execución integral das solucións. A equipa de Strelia ofrece anos de experiencia e prestixio recoñecido no mundo do desenvolvemento electrónico e a oficina técnica de telecomunicacións.

Strelia Electrotecnia é compromiso profesional, calidade e valores sociais. Son unha iniciativa cooperativa desde a que traballan con fundamento, seriedade e eficiencia para a súa clientela; procurando sempre o respecto e coidado da natureza, e das persoas e a súa diversidade.

A sede social, oficinas e laboratorios de desenvolvemento sitúanse en Compostela (Galiza) desde onde colaboran e traballan para entidades da península Ibérica, Europa e o resto do mundo.

Principais produtos e servizos:

  • Desenvolvemento, fabricación, e implantación de produtos e sistemas electrónicos.
  • Prestación de servizos de enxeñaría electrónica e de telecomunicacións.
  • Aplicacións nos campos da telemetría, IoT, náutica, produción agroforestal, ciencias da terra, Industria 4.0, eficiencia enerxética, iluminación, domótica, enerxías alternativas e transporte.