Asociados

SICASOFT SOLUTIONS, S.L.

Desenvolvemento de software

Avda. Calvo Sotelo, 19-1º CP: 15004 - A Coruña

Ver mapa

SicaSoft Solutions nace da experiencia e das necesidades de xestión de información non-financeira non resoltas nas organizacións. Durante máis de quince anos, estiveron traballando en desenvolvemento sostible e realizando máis de douscentos proxectos en sete países con: empresas multinacionais, organizacións medianas e pequenas, organismos públicos centrais e territoriais, universidades e a propia sociedade. Isto lles permitiu identificar moitos casos que necesitaban unha solución inmediata, eficaz e adaptable a todo tipo de escenarios, en dúas palabras, unha solución intelixente. O reto de SicaSoft é poñer a disposición dos directivos, ferramentas TIC que lles dean en materia de sostibilidade, a mesma calidade de información da que dispoñen en finanzas, RRHH ou vendas.

Principais produtos e servizos:

  • SicaSoft SBI: A solución intelixente do CEO, CSO e Responsables de Sostibilidade para organizar e xestionar eficazmente as demandas de información non-financeiras dos diferentes grupos de interese da organización.
  • SicaSoft Low Carbon Cities: A plataforma intelixente e colaborativa para a implantación territorial de métodos eficientes de xestión da agua, enerxía e cambio climático.
  • Outras solucións intelixentes: A adaptabilidade e flexibilidade do software intelixente que desenvolve SicaSoft Solutions permítelles ofrecer solucións as súas necesidades de xestión e reporting no campo da sostibilidade.