Asociados
TELECON GALICIA, S.A.
Your Gateway to the Smart World
Avda. de Nostián - Polig. da Artística; Nave 7 CP: 15008
- A Coruña
Ver mapa
Empresa tecnolóxica especializada no deseño, desenvolvemento, fabricación e comercialización de redes intelixentes de monitorización e control aplicadas á seguridade, eficiencia enerxética e telemedida de auga e enerxía.Aportan solucións profesionais a operadores, utilities, empresas de seguridade e integradores de sistemas mediante a produción e integración de solucións innovadoras.
Os pilares de Telecon son a súa capacidade tecnolóxica, flexibilidade e rapidez nos procesos de deseño e fabricación e excelencia na calidade e no servizo a clientes. As liñas de negocio principais son:
- Sistemas electrónicos de vixilanza de artículos EAS: deseño, desenvolvemento e fabricación dunha ampla gama de equipos e sistemas electronicos para a seguridade de prendas e artigos no retail.
- ECOHUB: plataforma con tecnoloxía propia de última xeración que permite medir o consumo de calquera instalación eléctrica, de auga ou de gas e actuar sobre as instalacións para minimizar os consumos
- Plataforma de Telexestión PRIME: plataforma para a telexestión de contadores de electricidade con tecnoloxía PRIME que inclúe o concentrador de comunicacións, equipo instalado no Centro de Transformación para a recolección de consumos dos contadores, e un software de xestión centralizado que permite a monitorización e control de todos os elementos da rede PRIME.
- Smart Networks: Solucións personalizadas para o despregue de redes de cable e fibra óptica e servizos avanzados para operadores de telecomunicación.