Asociados

COMPUTER-3, S.L.U.

Software de Xestión, Seguridade, Programación e Servizos Web, Hardware e Infraestruturas e Formación

Montero Ríos, 66-68 Bajo CP: 27002 - Lugo

Ver mapa

Computer-3 é unha consultora tecnolóxica con máis de 30 anos de experiencia en transformación dixital de empresas e despachos profesionais. Ofrece aos clientes un SERVIZO INTEGRAL dando todas as solucións que necesitan no campo tecnolóxico da empresa, ofrecendo unha experiencia 360. Para Computer-3 as PERSOAS son as grandes protagonistas da transformación dixital e nelas centra os procesos dixitais, sempre ofrecendo solucións as súas necesidades.

Principais produtos e servizos:

  • Software para pemes e asesorías: Ofrecen programas informáticos para optimizar todos os procesos da empresa, proporcionando valor.
  • Ciberseguridade e protección de datos: protexen os sistemas contra ataques dixitais e ofrececen asesoramento xurídico sobre protección de datos e RGPD
  • Programación e solucións web: Programación e servizos de desenvolvemento web (creación e posicionamento de sitios web e comercio electrónico)
  • Servizo técnico e infraestruturas: instalan e manteñen equipos, servidores e redes. Son expertos en servizos na nube
  • Formación para o emprego: accións formativas para traballadores e parados para mellorar a súa empregabilidade
  • Marketing dixital: SEO, SEM, redes sociais, e-mail marketing, marketing de contidos, etc.