Asociados
EVERIS SPAIN, S.L.U
Consultora, aplicacións tecnolóxicas e outsourcing
Enrique Mariñas, 36 - 9º CP: 15009
- A Coruña
Ver mapa
Everis an NTT DATA Company é unha consultora multinacional que ofrece solucións de negocio, estratexia, desenvolvemento e mantemento de aplicacións tecnolóxicas, e outsourcing. A compañía, que desenvolve a súa actividade nos sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, industria, utilities, enerxía, administración pública e sanidade, alcanzou unha facturación de 591 millóns de euros no último exercicio fiscal. Na actualidade, conta con 10.600 profesionais distribuídos nas súas oficinas e centros de alto rendemento en 13 países.
A consultora pertence ao grupo NTT DATA, a sexta compañía de servizos IT do mundo, con 70.000 profesionais e presenza en Asia-Pacífico, Oriente Medio, Europa, Latinoamérica e Norteamérica. A integración en NTT DATA permite a Everis ampliar as solucións e servizos para os seus clientes, aumenta as súas capacidades, recursos tecnolóxicos, xeográficos e financeiros e axúdalle a dar as respostas máis innovadoras aos seus clientes.
Liñas de negocio:
- everis business consulting realiza proxectos de estratexia corporativa, consultoría de negocio e enxeñería de procesos. A súa actividadecéntrase no coñecemento sectorial, na innovación de servizos e na especialización.
- everis solutions está dedicada á definición, deseño e implantación de solucións tecnolóxicas e á xestión e operación de outsourcing (aplicacións, infraestruturas e procesos). Para iso, poténciase o uso de metodoloxías que aseguren a calidade, traspaso de produción aos centros de alto rendemento e especialización funcional e tecnolóxica.
- everis centers baséase na utilización de centros de alto rendemento. Esta liña de negocio leva funcionando máis de catro anos e conta coa estrutura e coas capacidades para realizar actividades de forma industrializada, cun elevado nivel de productividade e eficiencia. Na actualidade hai centros de alto rendemento en Sevilla, Murcia, Alicante, Temuco, San Miguel de Tucumán e Uberlandia.
- everis bpo focalízasena prestación de servizos de externalización de procesos de negocio baixo acordos de nivel de servizo, permitindo aos nosos clientes dispor de maior capacidade interna para orientarse a funciones de más valor para su negocio e incrementar el control de la calidade do servizo e de costes asociados.
- everis initiatives está atenta ás diferentes realidades do mercado para canalizar e lanzar novos negocios nos que pode investir cos seus clientes.
Presenza internacional en: Arxentina, Bélxica, Brasil, Chile, Colombia, Francia, Italia, México, Perú, Portugal, Reino Unido e USA.