Axenda

Do02-05-2018ao02-05-2018

Xornada DICO in motion

O próximo 2 de maio, na Cidade da Cultura, terá lugar a Xornada DICO in motion co obxectivo de presentar e poñer en marcha o DICO Mindset. Trátase dun plan de acción para impulsar durante os anos 2018-2020 o sector dos contidos dixitais en Galicia, liderado pola  Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e os Clústers TIC e Audiovisual.   

Este plan xurde do proxecto Viraxe TIC, que se elaborou coa colaboración dos Clústers TIC e Audiovisual, e co que foi posible realizar unha análise profunda para identificar as oportunidades de negocio no ámbito dos contidos dixitais en Galicia. Este programa permitiu tamén  poñer en marcha servizos de asesoramento e celebrar foros de networking para promover e reforzar alianzas entre  entidades locais e expertos de recoñecido prestixio a nivel internacional.

Consulta aquí toda a información.